CONSULTORÍA Asistencia técnica en deseño, planificación e avaliación de estratexias e plans sociais, cun enfoque innovador e atención ás necesidades da comunidade. Máis información INTERVENCIÓN SOCIAL Programas de transformación social dende a educación social, coa perspectiva feminista para promover unha sociedade xusta e igualitaria Máis información PARTICIPACIÓN Deseño e xestión de procesos participativos como ferramenta de desenvolvemento dos colectivos e de mellora social para a cidadanía. Máis información FORMACIÓN Formación adaptada ao ámbito social, con metodoloxías e formatos flexibles e personalizados para cubrir as necesidades e perfís das persoas e proxectos. Máis información CONSULTORÍA Asistencia técnica en deseño, planificación e avaliación de estratexias e plans sociais, cun enfoque innovador e atención ás necesidades da comunidade. Máis información
Atelier SOCIAL
Solucións para que podas prestar mellores servicios as persoas. Poñemos a innovación ao servicio da transformación social
Somos unha empresa galega con mais de dez anos de experiencia na posta en práctica de solucións para que entidades e administracións poidan prestar mellores servizos as persoas.
Creemos que existe outra forma de facer.
Responsable
Participando do desenvolvemento e transformación social da nosa comunidade.
Igual
Incorporando a equidade na xestión da nosa empresa e favorecendo a igualdade a través de cada unha das nosas actuacións.
Calidade
Buscando a mellora continua na xestión e desenvolvemento dos nosos servizos.
Profesional
Apostando pola eficacia, eficiencia, efectividade e sobre todo, pola honestidade.
Solucións para que podas prestar mellores servicios as persoas. Poñemos a innovación ao servicio da transformación social
Os nosos servizos
Consultoría
Asistencia técnica en deseño, planificación e avaliación de estratexias e plans sociais, cun enfoque innovador e atención ás necesidades da comunidade.
Formación adaptada ao ámbito social, con metodoloxías e formatos flexibles e personalizados para cubrir as necesidades e perfís das persoas e proxectos.
Atelier é do mellor que se pode atopar na realización de proxectos sociais e educativos. A resposta é rápida e axeitada ante a solicitude de propostas. O persoal que aporta está ben formado e capacitado. A resolución de dificultades ó longo dos proxectos sempre é solventado con calma, bo asesoramento e solucións. A nivel de execución de proxectos para a administración local, do mellor que me teño atopado.
Tania Rodriguez Psicóloga – Educadora Familiar Concello de Piñor
Son moitos os anos que levo colaborando con Altelier, e sobre todo o que podería destacar a calidade do seu equipo, dinámico, atento e resolutivo, do cal sempre recibín apoio e recoñecemento. A través desta colaboración déronme a coñecer na miña contorna e axudáronme a continuar colaborando coa administración pública, o que favoreceu ao meu crecemento persoal e profesional. Aproveito para agradecerlles que sigan contando con pequenas empresas como a nosa, facéndoas máis visibles dentro do sector e por que fagan tan fácil o desempeño dos nosos servizos.
Ana B. Araujo Directora Técnica A&A Consultoría
Levamos mais de 10 anos traballando con esta empresa, levando as actividades de promoción e sensibilización contra a violencia de xénero, os campamentos de verán e actividades de conciliación, actividades lúdicas e de ocio dentro das diversas actividades realizadas polo concello, e so cabe dicir a profesionalidade e seriedade dos seus responsables e traballadores. Contar con eles é sinónimo de que sabes que todo vai sair ben e non ter ningún problema.
María Almeida Educadora Social Concello de Lobios
Como becaria FEUGA en Atelier SOCIAL descubrín unha nova forma de crecer profesionalmente, un lugar onde as ideas transfórmanse en realidades. Ademais de facerme sentir valorada, e unha profesional máis, cabe destacar o trato de cariño e apoio que recibes por todas as persoas do equipo, nunca falta quen che tenda unha man. Por todo isto, e máis, volvería a vivir esta experiencia unha e mil veces máis.
Antía López Traballadora Social Beca FEUGA 2023
Solucións para que podas prestar mellores servicios as persoas. Poñemos a innovación ao servicio da transformación social
Buscamos un graduado/a en Educación Social ou Traballo Social para incorporar inmediatamente a xornada completa na nosa oficina de Vigo. Os requisitos do programa son:- Ser menor de 30 anos, – Estudos rematados fai menos de 3 anos – Menos de 12 meses de experiencia en posto similar,- Desempregado/a (sin ocupación o día anterior ao…
Esta Web utiliza "cookies", pequeños ficheros de texto que se almacenan en su ordenador y que permiten un análisis de nuestro sitio web por parte de los visitantes. Para saber más, lea nuestra política de cookies.