Atelier SOCIAL

Solucións para que podas prestar mellores servicios as persoas.
Poñemos a innovación ao servicio da transformación social

Somos unha empresa galega con mais de dez anos de experiencia na posta en práctica de solucións para que entidades e administracións poidan prestar mellores servizos as persoas.

Creemos que existe outra forma de facer.

Responsable

Participando do desenvolvemento e transformación social da nosa comunidade.

Igual

Incorporando a equidade na xestión da nosa empresa e favorecendo a igualdade a través de cada unha das nosas actuacións.

Calidade

Buscando a mellora continua na xestión e desenvolvemento dos nosos servizos.

Profesional

Apostando pola eficacia, eficiencia, efectividade e sobre todo, pola honestidade.

Solucións para que podas prestar mellores servicios as persoas. Poñemos a innovación ao servicio da transformación social

Os nosos servizos

Consultoría

Asistencia técnica en deseño, planificación e avaliación de estratexias e plans sociais, cun enfoque innovador e atención ás necesidades da comunidade.

Participación

Deseño e xestión de procesos participativos como ferramenta de desenvolvemento dos colectivos e de mellora social para a cidadanía.

Intervención social

Programas de transformación social dende a educación social, coa perspectiva feminista para promover unha sociedade xusta e igualitaria.

Formación

Formación adaptada ao ámbito social, con metodoloxías e formatos flexibles e personalizados para cubrir as necesidades e perfís das persoas e proxectos.

Testemuñas

Atelier é do mellor que se pode atopar na realización de proxectos sociais e educativos. A resposta é rápida e axeitada ante a solicitude de propostas. O persoal que aporta está ben formado e capacitado. A resolución de dificultades ó longo dos proxectos sempre é solventado con calma, bo asesoramento e solucións. A nivel de execución de proxectos para a administración local, do mellor que me teño atopado.

Tania Rodriguez
Psicóloga – Educadora Familiar
Concello de Piñor

Son moitos os anos que levo colaborando con Altelier, e sobre todo o que podería destacar a calidade do seu equipo, dinámico, atento e resolutivo, do cal sempre recibín apoio e recoñecemento. A través desta colaboración déronme a coñecer na miña contorna e axudáronme a continuar colaborando coa administración pública, o que favoreceu ao meu crecemento persoal e profesional. Aproveito para agradecerlles que sigan contando con pequenas empresas como a nosa, facéndoas máis visibles dentro do sector e por que fagan tan fácil o desempeño dos nosos servizos.

Ana B. Araujo
Directora Técnica
A&A Consultoría

Levamos mais de 10 anos traballando con esta empresa, levando as actividades de promoción e sensibilización contra a violencia de xénero, os campamentos de verán e actividades de conciliación, actividades lúdicas e de ocio dentro das diversas actividades realizadas polo concello, e so cabe dicir a profesionalidade e seriedade dos seus responsables e traballadores. Contar con eles é sinónimo de que sabes que todo vai sair ben e non ter ningún problema.

María Almeida
Educadora Social
Concello de Lobios

Como becaria FEUGA en Atelier SOCIAL descubrín unha nova forma de crecer profesionalmente, un lugar onde as ideas transfórmanse en realidades. Ademais de facerme sentir valorada, e unha profesional máis, cabe destacar o trato de cariño e apoio que recibes por todas as persoas do equipo, nunca falta quen che tenda unha man. Por todo isto, e máis, volvería a vivir esta experiencia unha e mil veces máis.

Antía López
Traballadora Social
Beca FEUGA 2023

Solucións para que podas prestar mellores servicios as persoas. Poñemos a innovación ao servicio da transformación social

Blog

Novas

Atelier Social encargada de atender o Punto Violeta no entroido de Maceda

Persoal de Atelier SOCIAL foi o encargado de atender e dinamizar o punto violeta instalado polo CIM de Maceda no seu tradicional entroido. A actividade forma parte da campaña #MacedaContraAsViolenciasMachistas posta en marcha durante as festas de verán pasado, e pretende sensibilizar por unhas festas libres de agresiones sexistas #TaménNoEntroido. As personas participantes na “Baixada…

Ler noticias